domingo, 27 de marzo de 2016

GRAN VODA DE NOA E CANDELA

O pasado 15 de marzo tivo lugar o enlace entre 2 das nosas compañeiras no noso colexio. A ceremonia saíu perfecta. Os invitados estaban elegantísimos e as noivas, como vos imaxinaredes, guapísimas e moi nerviosas.
Como o acontecemento é moi esperado vai en dúas tandas; agora a ceremonia e despois o banquete posterior.



O BANQUETE NO RESTAURANTE "O CHOCO MATEMÁTICO"

Tras a ceremonia tivo lugar unha gran celebración no noso restaurante." O Choco Matemático" soubo estar á altura e o persoal traballou mellor ca nunca.  As mesas estaban preparadas co nome de cada un dos invitados/as e co menú que se ía servir. Ademais, tiñamos contratado un pincha, que nos amenizou a velada e sobretodo nos animou no baile posterior. Tamén hai que dicir que o traballo do fotógrafo foi moi importante e o comprobaredes vós mesmos visionando estes vídeos que gravou el mesmo.
Non vos perdades este vídeo porque nel hai de todo,  desde os pinchos iniciais ata o corte da torta e a "barra libre"... Impresionante!  Pasámolo xenial (como ten que ser nunha voda).




VISITA DA NAI DE ÚRSULA A 2ºA

Geli, a mamá de Úrsula veu o venres 18 a contarnos como era o seu traballo. Ela é a dona dun agro na parroquia do Viso xunto con outra compañeira. Explicounos que alí venden produtos para o campo e os animais como por exemplo: plantas, angazos, sementes, cereais, alpiste, abonos etc.
Para explicarnos mellor todo isto trouxo algún dos utensilios que vende no seu local e que se empregan para traballar a terra, cereais como cebada ou centeo, plantas e incluso unhas sementes de flores para cada un de nós.
Moitas grazas Geli por pasar pola nosa aula e contarnos todas estas cousas!



lunes, 14 de marzo de 2016

ANIMAIS



MÁIS ACTIVIDADES:

http://conteni2.educarex.es/mats/62006/contenido/

http://conteni2.educarex.es/mats/62007/contenido/

http://conteni2.educarex.es/mats/62008/contenido/

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEGUNDO/datos/03_cmedio/03_Recursos/actividades/03/01.htm

http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/natura_2c_PF/Natura2-U10-A1_cas.swf

http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/natura_2c_PF/Natura2-U10-A2_cas.swf

http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/natura_2c_PF/Natura2-U10-A10_cas.swf

http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/natura_2c_PF/Natura2-U11-A1_cas.swf

http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/natura_2c_PF/Natura2-U11-A2_cas.swf

http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/natura_2c_PF/Natura2-U11-A10_cas.swf

PROFESIÓNS: AVOGADA

Arancha, a mamá de Jimena é abogada e traballa nunha asesoría. Contounos como é o seu traballo.Moitas Grazas.

EXCURSIÓN A SAN SIMÓN

domingo, 13 de marzo de 2016

EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN

O pasado venres 11 de marzo fomos de excursión á illa de San Simón. Saimos en barco desde Rande e alí fixemos un xogo de probas cuns monitores moi simpáticos. Dividíronos por clases así que estas son as fotos de 2ºA.
PASÁMOLO XENIAL!



jueves, 10 de marzo de 2016

PROFESIÓNS: CARPINTEIRO

Hoxe viu Alberto o pai de Martín. El é carpinteiro e ensinounos como son as súas ferramentas de traballo, as medidas de seguridade que ten que ter e construíunos un andel. Foi moi emocionante e pasámolo moi ben. Grazas por vir.

martes, 8 de marzo de 2016

FELIZ DIA DA MULLER TRABALLADORA

PROFESIÓNS: TELEFONISTA

A nai de Pablo viu a contarnos en que consistía o seu traballo no Hospital Xeral: era telefonista. Aprendimos como se numeraban as habitacións. Ensinounos fotos antigas do hospital e contounos unha lenda sobre unha pantasta que deambulaba polo hospital, hai moitos anos. Gustounos moito. Grazas por vir.

lunes, 7 de marzo de 2016

PROFESIÓNS: XEFE DE COCIÑA



Hoxe viu Santiago, o pai de Carlota a contarnos en que consiste o seu traballo. El traballa en "LA PEPITA BURGUER BAR" en Vigo. É o xefe de cociña e contounos como é o seu traballo.
Ademais trouxonos yuca fritida para probar. Estaba boísima e non sobrou nadiña.
Grazas por todo e volve cando queiras.


CONTRUYE TUS TABLAS DE MULTIPLICAR

TABLAS PARA PLASTIFICAR

Para montar en casa y practicar la tabla de multiplicar

En una primera fase, los factores están fijos y los niños tienen que coloca los productos.






En una segunda fase los factores y los productos se sacan y los niñ@s tienen que colocar ambos. Así elaboran ell@s solos la tabla.





Aquí podeis descargar los archivos para hacerlo vosotros

 https://dl.dropboxusercontent.com/u/50865314/tabla%20de%20multiplicar%20%20para%20plastificar.pdf
https://dl.dropboxusercontent.com/u/50865314/tabla%20de%20multiplicar%20para%20plastificar.doc

sábado, 5 de marzo de 2016

PROFESIÓNS : TÉCNICO DE CONTROL DE CALIDADE

O pai de Naira viu a contarnos en que consiste o seu traballo. Gustounos moito o que nos contou e as fotos que nos trouxo. Tamén vimos un video do seu traballo. É técnico de control de calidade en Syngenta.
Deixounos de recordo unha libreta e un almanaque.  Moitas grazas

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails